mércores, 18 de marzo de 2020

POÑEMOS NOME AO NOSO BLOG

Empecemos polo principio...

O noso blog precisa un nome!!!!

 Un nome que nos identifique, que recorde ao noso cole, a nosa clase, o noso traballo, a todos os nenos e nenas do centro...

Así que moito ánimo e poñedevos a pensar!!!

Imos escoller o nome do seguinte xeito:

1ª: Nas vosas casas...
Cada alumno pode enviar ao correo electrónico ceipdefozn1@gmail.com a súa proposta. Admitirase un único nome por alumno que deberá vir acompañado dun debuxo ilustrativo.
Indicaredes no asunto: Nome e debuxo para o blog de música.

2ª: Votación...
Unha vez presentados os traballos, publicaranse todos no blog xunto coas instruccións pertinentes para que podades votar por unha das opcións.

Prazo de presentación:  ata o vindeiro venres 27 de marzo.

Nota importante: Este traballo é completamente voluntario... so se permite facer se realmente vos apetece...


Ánimo!!!!
#euquedonacasa 




Ningún comentario:

Publicar un comentario