O mercores 29 de abril conmemórase o Día Internacional da danza.
Dende a Fundación Cidade da Cultura de Galicia elaboraron unha ficha didáctica moi interesante que comparten con nós por se a algún de vós vos apetece facer. Nela, a Raposa Fedella preséntanos un percorrido no que viaxamos dende o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata a actualidade; nunha travesía na que hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura.
Ademais, se vos apetece, convídavos a mandar un vídeo bailando ao seguinte correo electrónico: onlinecidadedacultura@gmail.com (ata o venres 1 de maio para editalo e crear unha peza conxunta)
Preme no seguinte enlace para ver a actividade:
Ningún comentario:
Publicar un comentario