domingo, 3 de maio de 2020

OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

Actividade para 5º e 6º de Primaria
 
Esta semana ímos empezar a repasar as familias de instrumentos e a clasificación das voces humanas. Farémolo a través dun xogo. A continuación tedes unha imaxe interactiva que vos levará por diferentes camiños nos que descubriredes un montón de cousas.

Debes comezar premendo no título "Os instrumentos da orquestra". Abriráseche unha ventana coa información do que tes que facer.
Fíxate ben en todo, ao final de cada nivel debes resolver un kahoot con preguntas para poder pasar ao seguinte. É moi importante que cando che pida o nickname poñas o teu nome e a inicial do apelido. Se queres xogar máis veces para mellorar a puntuación e superar o nivel, só tes que ir engadindo un número ao teu nome (María R, María R1, María R2...).

Estes días só tes que completar os dous primeiros niveis. Para a vindeira semana traballaremos o terceiro e o cuarto nivel, que como podes observar están pechados.

OLLO! Todos os textos ou imaxes que se moven ou textos en azul queren dicir que tes que premer sobre eles porque algo che queren contar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario