domingo, 19 de abril de 2020

TERCEIRO TRIMESTRE

Ola a todos,

Empezamos un atípico terceiro trimestre no que desexo, ante todo, que tanto vós como as vosas familias esteades ben.
Temos que facer un pequeno esforzo por levar esta situación o mellor posible e esperando que non se alongue moito no tempo e que nos vexamos moi pronto no cole!

Mentres tanto, seguirei actualizando este blog para que cada semana teñades unha actividade de música adaptada a cada un dos niveles do centro. 

Se tedes algunha dúbida, para enviar a tarefa ou calquera outra necesidade podedes facelo a través do meu correo electrónico: nlpezmontero@edu.xunta.gal

Unha aperta forte,
Noelia.

TODO VAI SAÍR BEN!

6 comentarios:

  1. Moitas grazas Noelia. Un saúdo. Paula Campo López.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, estaremos pendentes. Pais de Maite e Carlota.

    ResponderEliminar
  3. Hola Noelia son a nai de Sara Rodríguez.Enviamosche a este correo a historia?

    ResponderEliminar
  4. Ola! Sempre que non vos supoña un problema o envío, sí, podedes enviar ao meu correo.

    ResponderEliminar