martes, 31 de marzo de 2020

ACTIVIDADES

Primeiro podedes disfrutar e aprender cos diferentes vídeos, veredes que con moitos deles repasamos o pentagrama, as notas e as figuras musicais.

Despois podedes facer as seguintes actividades adaptadas ás vosas idades:

EDUCACIÓN INFANTIL: Coloreamos a clave de sol, Coloreamos clave de sol, notas.

1º e 2º de ED. PRIMARIA: Nota sol, Sol e mi.

3º e 4º de ED. PRIMARIA: Nota la, Notas e pentagrama.

5º e 6º de ED. PRIMARIA: Figuras musicaisNotas musicais.

Non vos esquezades de votar a unha das propostas para o nome e debuxo do blog!!

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo no email: ceipdefozn1@gmail.com

Moito ánimo!!!! #euquedonacasa 

QUE DELICIA DE MÚSICA...

Escoita esta fermosa melodía... chámase a "Marcha Turca".
Sabías que o seu compositor, Mozart, tocaba o piano e compoñía música con só cinco anos!!


CANTAMOS?

Fíxate ben onde se escribe cada nota.

UN POUCO DE RITMO

Intenta adiviñar o ritmo que soa...

O PENTAGRAMA E AS NOTAS MUSICAIS

XIMNASIA MUSICAL

Para moverse un pouco seguindo o ritmo!!

luns, 30 de marzo de 2020

ENQUISA - NOME DO BLOG

Rematado o período para realizar as vosas propostas de nome e debuxo para o blog, dase comezo á votación para escoller o que máis vos guste. Tedelo moi dificil.... tivemos cinco propostas fantásticas!

Observádeas ben... e, no seguinte enlace podedes votar pola que máis vos guste. O prazo para a votación remata o vindeiro xoves 2 de abril. O venres coñeceremos a proposta gañadora, sorte aos cinco!

ENLACE Á VOTACIÓN

PROPOSTAS

PROPOSTA A: "Nº 1 MUSIC FOZ"



PROPOSTA B: "TA - TA - TITI - TA"





PROPOSTA C: "AO RITMO DO Nº 1"



PROPOSTA D: "UNHA COR CHEA DE MÚSICA"




 PROPOSTA E: "CHICHARRIÑOS MUSICAIS"





luns, 23 de marzo de 2020

PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES

Ola a todos,
As actividades propostas a continuación, publicadas o luns 23 de marzo, son as correspondientes para esta semana de traballo. Son voluntarias e non avaliables.
Recordar que ata venres podedes mandar as vosas propostas para o nome e debuxo do blog.
Ánimo! #euquedonacasa

PARA MOVERNOS TODOS!!!!

EDUCACIÓN PRIMARIA: ACTIVIDADES ESCRITAS

Nos seguintes enlaces tedes fichas con propostas de actividades...

Para 1º e 2º de Primaria:

COLOREA A CLAVE DE SOL

COMPLETA OS VAGÓNS MUSICAIS

Para 3º e 4º de Primaria:

REPASAMOS A CLAVE DE SOL

LINGUAXE MUSICAL 

Para 5º e 6º de Primaria:

PASATEMPOS

LINGUAXE MUSICAL


Recordade que estas actividades son VOLUNTARIAS e NON SERÁN AVALIABLES.
Se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto a través do email ceipdefozn1@gmail.com

EDUCACIÓN PRIMARIA: ACTIVIDADE DE RITMO

Non perdas o ritmo e intenta palmear segundo as figuras propostas. Saíuche?

EDUCACIÓN INFANTIL: PARA CANTAR E BAILAR

Toca moverse un pouco... con esta canción podes cantar e bailar! Fíxate ben, cantas cousas podemos facer coas nosas mans?

ACTIVIDADE PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Escoita os seguintes instrumentos. Podes descargar a ficha e á vez que os escoitas unir o nome do isntrumento co debuxo. Despois colorea.

FICHA

mércores, 18 de marzo de 2020

MAMA CABRA - GLU GLU GLU



Canción para os peques... e non tan peques... A disfrutar familias!

REPASAMOS AS FIGURAS MUSICAIS

XOGOS DE RÍTMO

A practicar!!!


POÑEMOS NOME AO NOSO BLOG

Empecemos polo principio...

O noso blog precisa un nome!!!!

 Un nome que nos identifique, que recorde ao noso cole, a nosa clase, o noso traballo, a todos os nenos e nenas do centro...

Así que moito ánimo e poñedevos a pensar!!!

Imos escoller o nome do seguinte xeito:

1ª: Nas vosas casas...
Cada alumno pode enviar ao correo electrónico ceipdefozn1@gmail.com a súa proposta. Admitirase un único nome por alumno que deberá vir acompañado dun debuxo ilustrativo.
Indicaredes no asunto: Nome e debuxo para o blog de música.

2ª: Votación...
Unha vez presentados os traballos, publicaranse todos no blog xunto coas instruccións pertinentes para que podades votar por unha das opcións.

Prazo de presentación:  ata o vindeiro venres 27 de marzo.

Nota importante: Este traballo é completamente voluntario... so se permite facer se realmente vos apetece...


Ánimo!!!!
#euquedonacasa 




ESTREAMOS BLOG

Por que non... podemos poñer en marcha un blog de música para axudarvos a non esquecer a nosa materia neste "extraño" tempo que temos que pasar nas nosas casas. Así que...


XA TEMOS BLOG DE MÚSICA!!!!

Como podedes observar, na marxe dereita podedes navegar polos diferentes enlaces e facer actividades que sexan do voso interese.

Nestes días ireivos poñendo diferentes actividades e recursos que vos axuden a seguir aprendendo. Podedes visitar a páxina cando vos apeteza.

Moito ánimo, vai quedando menos!

#euquedonacasa