luns, 27 de abril de 2020

DÍA DA DANZA

O mercores 29 de abril conmemórase o Día Internacional da danza. 

Dende a Fundación Cidade da Cultura de Galicia elaboraron unha ficha didáctica moi interesante que comparten con nós por se a algún de vós vos apetece facer. Nela, a Raposa Fedella preséntanos un percorrido no que viaxamos dende o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata a actualidade; nunha travesía na que hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura. 

Ademais, se vos apetece, convídavos a mandar un vídeo bailando ao seguinte correo electrónico: onlinecidadedacultura@gmail.com (ata o venres 1 de maio para editalo e crear unha peza conxunta)

Preme no seguinte enlace para ver a actividade:

domingo, 26 de abril de 2020

CANCIÓN PARA INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA

Unha canción para divertirse aprendendo a escala musical!

COMO SE CHAMA??

Actividade para Infantil, 1º e 2º de Primaria.

Queredes xogar en familia??? 


No seguinte enlace podedes acceder a un xogo que consiste en adiviñar o nome de diferentes obxectos musicais en Kahoot.

Para xogar só tedes que premer no enlace do xogo. Acederedes directamente á plataforma onde vos aparecerá un número pin. Agora o ordenador funcionará como unha pizarra onde ídes ler as preguntas.

Previo a esto, tedes que descargar no móbil, tablet... a aplicación kahoot. Abrídela e introducides o código pin que tedes no ordenador. 

Todo preparado... mans á obra!! Hai que ler a pregunta no ordenador e vaise contestando no móbil, polo que podedes xogar varios á vez (introducindo o pin en cada dispositivo).
Os máis pequeniños... precisarán xogar cun maior que lles axude coa lectura.

ENLACE AO KAHOOT
Por se tedes dúbidas podedes consultar neste titorial de kahoot 




XOGO DE RITMO


Actividade para Infantil, 1º e 2º de Primaria

Como vedes na imaxe tedes que buscar catro papeis diferentes, non teñen por que ser desas cores... podedes coller catro folios e facerlles un debuxo diferente a cada un ou o que se vos ocurra.

Se vedes o vídeo observades que unha persoa fai un ritmo e a outra repíteo. Eso mesmo tedes que facer vós, primeiro vemos a secuencia rítmica e despois imitamos.

Parece ben divertido!

QUE É A MÚSICA?


Actividade para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Sabedes que é a música?.... seguro??? A ver logo se é verdade...

Primeiro tedes que ver o seguinte vídeo. Prestade moita atención a todo o que vos conta... que non é pouco...

Despois podedes acceder ao Kahoot (premendo no enlace) e poñer o pin para que vos deixe xogar. Este kahoot está feito con 15 preguntas sobre o vídeo onde tedes que seleccionar a resposta correcta para conseguir moitos puntos!!

Se queredes... podedes comentar nesta publicación a vosa esperiencia. Ánimo!!



PIN  06896537


UN RETO!

Actividade para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Mirade que rítmo máis chulo! Quen se anima? Tedes que practicar ata que vos saia moi raaapidooo😀😁😉


domingo, 19 de abril de 2020

TERCEIRO TRIMESTRE

Ola a todos,

Empezamos un atípico terceiro trimestre no que desexo, ante todo, que tanto vós como as vosas familias esteades ben.
Temos que facer un pequeno esforzo por levar esta situación o mellor posible e esperando que non se alongue moito no tempo e que nos vexamos moi pronto no cole!

Mentres tanto, seguirei actualizando este blog para que cada semana teñades unha actividade de música adaptada a cada un dos niveles do centro. 

Se tedes algunha dúbida, para enviar a tarefa ou calquera outra necesidade podedes facelo a través do meu correo electrónico: nlpezmontero@edu.xunta.gal

Unha aperta forte,
Noelia.

TODO VAI SAÍR BEN!

O LAGO DOS CISNES - INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA

Escoita este fantástico conto e aprende a historia do ballet "O lago dos cisnes". Fai clic no enlace para ver o vídeo:



 Despois, mentres escoitas a música deste ballet, fai un debuxo de temática libre, utilizando a túa imaxinación.


O LAGO DOS CISNES - 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

Esta semana toca escoitar está bellísima peza do ballet "O lago dos Cisnes"; composta por Tchaikovsky e estreada en 1877 no teatro Bolshói de Moscú. Trátase dun conto de hadas estruturado en catro actos expresado a través da música e do ballet.



ACTIVIDADE: ESCOITAR CON IMAXINACIÓN 
Primeiro disfruta da peza, escoita e disfruta do ballet cantas veces queiras.

A continuación debes inventar unha historia suxerida pola música. Sería interesante que mentres escribes seguises escoitando a peza para dar renda solta á túa imaxinación. Ten que cumplir tres requisitos:

- Temática será libre.
- Polo menos terá tres personaxes.

venres, 3 de abril de 2020

RESULTADO DO CONCURSO "NOME E DEBUXO PARA O BLOG"

Aquí tedes os resultados da enquisa!!! Primeiro dar a noraboa aos cinco participantes e sobre todo as grazas por participar!!



E agora sí..... Damos a noraboa ao gañador do concurso coa súa proposta...

 "Chicharriños musicais"


Pablo García Martínez de 4º de Primaria
 👏👏👏👏👏😃😃🎉🎉

Por suposto... cando volvamos á aula recibirás o teu premio e tamén haberá sorpresas para todos os participantes!!