domingo, 3 de maio de 2020

AS CUALIDADES DO SON

 Actividade para 3º e 4º de Primaria

Esta semana ímos repasar as cualidades do son. Farémolo a través dun xogo. A continuación tedes unha imaxe interactiva que vos levará por diferentes camiños nos que descubriredes un montón de cousas.

Un persoaxe moi especial iravos guiando polo xogo. Nel hai tres niveis. Esta semana soamente poderedes pasar o primeiro deles, como podedes ver os outros dous están pechados.

PRESENTACIÓN DE RAMÓN

O xogo consiste en descubrir un personaxe. Para elo teredes unha pista ao final de cada nivel... polo que tedes que conseguir superalo.

 Fíxate ben en todo, ao final de cada nivel debes resolver un kahoot con preguntas para poder pasar ao seguinte. É moi importante que cando che pida o nickname poñas o teu nome e a inicial do apelido. Se queres xogar máis veces para mellorar a puntuación e superar o nivel, só tes que ir engadindo un número ao teu nome (María R, María R1, María R2...).

OLLO! Todos os textos ou imaxes que se moven ou textos en azul queren dicir que tes que premer sobre eles porque algo che queren contar... 



Ningún comentario:

Publicar un comentario