domingo, 10 de maio de 2020

luns, 4 de maio de 2020

PODIUM KAHOOT "QUE É A MÚSICA?

Aquí vai o podium do Kahoot "Que é a música?" para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria da semana pasada. Noraboa aos tres e a todos os participantes!!

RETO CONSEGUIDO!!!

Estou segura que os retos da semana pasada saíronvos xenial a todos!!
Algúns compañeiros compartiron con nós os seus resultados, animándose a gravar un vídeo. Se algún máis se anima... seguiremos publicando os vosos vídeos. Podedes subilos a unha plataforma (google drive, youtube...) e enviar o enlace ao meu correo electrónico.

Espero que vos gusten os retos de esta semana... dicirvos... que aínda que están propostos por niveis, se queredes, ademáis do que vos corresponde, podedes facer calquera que vos apeteza.


Ánimo a todos!!! Vai quedando menos!💪💪😀😀

domingo, 3 de maio de 2020

APRENDEMOS CON LEO...

Actividade para Educación Infantil


OLA NENOS E NENAS DO NÚMERO 1 DE FOZ!! QUE ALEGRÍA ESTAR DE NOVO CON VÓS.... 
TEÑO UNHA MENSAXE... ESCOITADE, ESCOITADE...

CONTINUADE CONMIGO NA SEGUINTE PRESENTACIÓN, ENSINAREIVOS MOITAS COUSAS...



 

BIEITA E OS SEUS RETOS

 Actividade para 1º e 2º de Primaria


Ola nenos e nenas do número de un de Foz!! Que alegría coñecervos.... Gustariame que pincharades no seguinte enlace para que me coñezades un pouco máis...



Esta semana tráigovos uns cantos retos, anímaste???? Creo que che van gustar! So tes que abrir a seguinte presentación e seguir as miñas instruccións.



AS CUALIDADES DO SON

 Actividade para 3º e 4º de Primaria

Esta semana ímos repasar as cualidades do son. Farémolo a través dun xogo. A continuación tedes unha imaxe interactiva que vos levará por diferentes camiños nos que descubriredes un montón de cousas.

Un persoaxe moi especial iravos guiando polo xogo. Nel hai tres niveis. Esta semana soamente poderedes pasar o primeiro deles, como podedes ver os outros dous están pechados.

PRESENTACIÓN DE RAMÓN

O xogo consiste en descubrir un personaxe. Para elo teredes unha pista ao final de cada nivel... polo que tedes que conseguir superalo.

 Fíxate ben en todo, ao final de cada nivel debes resolver un kahoot con preguntas para poder pasar ao seguinte. É moi importante que cando che pida o nickname poñas o teu nome e a inicial do apelido. Se queres xogar máis veces para mellorar a puntuación e superar o nivel, só tes que ir engadindo un número ao teu nome (María R, María R1, María R2...).

OLLO! Todos os textos ou imaxes que se moven ou textos en azul queren dicir que tes que premer sobre eles porque algo che queren contar... 



OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

Actividade para 5º e 6º de Primaria
 
Esta semana ímos empezar a repasar as familias de instrumentos e a clasificación das voces humanas. Farémolo a través dun xogo. A continuación tedes unha imaxe interactiva que vos levará por diferentes camiños nos que descubriredes un montón de cousas.

Debes comezar premendo no título "Os instrumentos da orquestra". Abriráseche unha ventana coa información do que tes que facer.
Fíxate ben en todo, ao final de cada nivel debes resolver un kahoot con preguntas para poder pasar ao seguinte. É moi importante que cando che pida o nickname poñas o teu nome e a inicial do apelido. Se queres xogar máis veces para mellorar a puntuación e superar o nivel, só tes que ir engadindo un número ao teu nome (María R, María R1, María R2...).

Estes días só tes que completar os dous primeiros niveis. Para a vindeira semana traballaremos o terceiro e o cuarto nivel, que como podes observar están pechados.

OLLO! Todos os textos ou imaxes que se moven ou textos en azul queren dicir que tes que premer sobre eles porque algo che queren contar...