Actividade para Infantil, 1º e 2º de Primaria.
Queredes xogar en familia???
No seguinte enlace podedes acceder a un xogo que consiste en adiviñar o nome de diferentes obxectos musicais en Kahoot.
Para xogar só tedes que premer no enlace do xogo. Acederedes directamente á plataforma onde vos aparecerá un número pin. Agora o ordenador funcionará como unha pizarra onde ídes ler as preguntas.
Previo a esto, tedes que descargar no móbil, tablet... a aplicación kahoot. Abrídela e introducides o código pin que tedes no ordenador.
Todo preparado... mans á obra!! Hai que ler a pregunta no ordenador e vaise contestando no móbil, polo que podedes xogar varios á vez (introducindo o pin en cada dispositivo).
Os máis pequeniños... precisarán xogar cun maior que lles axude coa lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario