martes, 31 de marzo de 2020

ACTIVIDADES

Primeiro podedes disfrutar e aprender cos diferentes vídeos, veredes que con moitos deles repasamos o pentagrama, as notas e as figuras musicais.

Despois podedes facer as seguintes actividades adaptadas ás vosas idades:

EDUCACIÓN INFANTIL: Coloreamos a clave de sol, Coloreamos clave de sol, notas.

1º e 2º de ED. PRIMARIA: Nota sol, Sol e mi.

3º e 4º de ED. PRIMARIA: Nota la, Notas e pentagrama.

5º e 6º de ED. PRIMARIA: Figuras musicaisNotas musicais.

Non vos esquezades de votar a unha das propostas para o nome e debuxo do blog!!

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo no email: ceipdefozn1@gmail.com

Moito ánimo!!!! #euquedonacasa 

QUE DELICIA DE MÚSICA...

Escoita esta fermosa melodía... chámase a "Marcha Turca".
Sabías que o seu compositor, Mozart, tocaba o piano e compoñía música con só cinco anos!!


CANTAMOS?

Fíxate ben onde se escribe cada nota.

UN POUCO DE RITMO

Intenta adiviñar o ritmo que soa...

O PENTAGRAMA E AS NOTAS MUSICAIS

XIMNASIA MUSICAL

Para moverse un pouco seguindo o ritmo!!

luns, 30 de marzo de 2020

ENQUISA - NOME DO BLOG

Rematado o período para realizar as vosas propostas de nome e debuxo para o blog, dase comezo á votación para escoller o que máis vos guste. Tedelo moi dificil.... tivemos cinco propostas fantásticas!

Observádeas ben... e, no seguinte enlace podedes votar pola que máis vos guste. O prazo para a votación remata o vindeiro xoves 2 de abril. O venres coñeceremos a proposta gañadora, sorte aos cinco!

ENLACE Á VOTACIÓN

PROPOSTAS

PROPOSTA A: "Nº 1 MUSIC FOZ"



PROPOSTA B: "TA - TA - TITI - TA"





PROPOSTA C: "AO RITMO DO Nº 1"



PROPOSTA D: "UNHA COR CHEA DE MÚSICA"




 PROPOSTA E: "CHICHARRIÑOS MUSICAIS"